O London Gay Film Festival elixe un corto do artista vigués Alex Mene
31/01/2006
(Lugar: la voz | vigo)
A curtametraxe galega Esas nubes , escrita e realizada polo artista galego Alex Mene (Vigo, 1969), ven de ser seleccionada no 20th London Lesbian and Gay Film Festival. Este festival é o terceiro máis importante de Gran Bretaña en relación ao número de espectadores e se desenvolverá do 29 de marzo ao 12 de abril de 2006 co apoio e patrocinio do British Film Institute.
Historia de amor
A curtametraxe seleccionada foi rodada en versión orixinal en galego no ano 2003 en Vigo e foi estreada, ese mesmo ano, na galería de arte Espacio 48 de Santiago de Compostela, nesta mesma cidade puido verse, xunto con outras obras do artista, na exposición Radicais Libres no Auditorio de Galiza. Según relata o autor, «Esas Nubes é unha historia de amor entre dous homes e unha homenaxe ao universo plástico do artista cubano Félix González-Torres, unha historia onde, trala morte do amado, un home debe enfrontarse á soidade, á súa memoria e ao peso da ausencia».
Tras participar en importantes festivais peninsulares (Certamen de Jóvenes realizadores de Zaragoza, Mostra de Cinema Gai de Barcelona¿ ) e internacionais (Festival de Cine Latinoamericano de Nova York e Mardi Gras Film Festival de Sydney) chamou a atención da distribuidora canadiense Iron Rod Motion Pictures que mercou, no ano 2005, os dereitos de distribución e está a contemplar a posibilidade de incluila nunha recopilación de curtametraxes españolas. «Este traballo é totalmente independiente e amateur e foi realizado sen subvención», explica Mene, e conta cunha banda sonora orixinal realizada expresamente polo grupo zaragozano Taksy agora chamados Miss Take, e que ten como cantante a Cristina Pablo, a que fora integrante de grupos tan coñecidos como La nube ou El regalo de Silvia.
Videocreacións
O artista vigués participou este ano pasado con outro taballo, a videocreación titulada Una jota aragonesa , no certame FIAV 05, no Centro de Arte Santa Mónica de Barcelona, no Certamen de Cortos de Caja Madrid en La Casa Encendida de Madrid e no 17º Festival de Cinema de Girona.
Álex Mene, licenciado en Ciencias da Información na sección de Imaxen Visual pola Universidade Complutense de Madrid, ten, ademais, unha destacada traxectoria artística no ambeto da fotografía. O autor ten participado en mostras individuais na galería Espacio 48 de Santiago e na sala Alterarte do Campus de Ourense; e en colectivas como a Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira, en Identidades feridas. Da arte na doenza, na Fundación Laxeiro; ou en Radicais Libres: Experiencias Gays e Lésbicas na Arte Peninsular no Auditorio de Galiza de Santiago, entre outras.
Comentario